jueves, 30 de mayo de 2013

trabajo de lectura de griego

     




 A asamblea das mulleres


Autor.
Aristófanes (Ἀριστοφάνης grega, Atenas, 444 C. - .. 385 a) foi un famoso 
dramaturgo grego, principal expoñente do xénero cómico.
El viviu durante a Guerra do Peloponeso, período que coincide co esplendor 
do imperio ateniense e a súa posterior derrota por Esparta. No entanto, el 
tamén foi o rexurdimento da hexemonía ateniense contemporánea no inicio 
do século IV. C.
Aristófanes, na súa lectura, pode ter unha idea das intensas discusións 
ideolóxicas (político, filosófico, económico e literario) en Atenas daquel 
tempo.
A súa postura conservadora levouno a defender a validez dos mitos 
relixiosos, tradicionais e estaba relutante en calquera nova doutrina 
filosófica. 
Especialmente coñecido é a súa animosidade contra Sócrates, que en súas 
nubes comedia presenta-o como un demagogo dedicado a todo tipo de 
absurdo incutir na mente dos mozos. No campo da arte non é caracterizado 
por unha actitude innovadora, Eurípides teatro considerado como unha 
degradación de teatro clásico.

Obras de Aristófanes:
  • Os acarnienses, 425. C.
  • Os cabaleiros, 424. C.
  • Nubes, 423. C. Unha sátira sobre os novos filósofos, como Sócrates.
  • Vespas, 422. C.
  • Paz, 421. C.
  • Aves, 414. C. Unha sátira do imperialismo ateniense.
  • Lisístrata, 411. C.
  • O Thesmophoria, 411. C.
  • Ras, 405. C.


A asamblea de mulleres.
A escena se representa nunha praza en Atenas, onde está a casa de 
Praxágoras e outras dúas casas.
A obra está baseada nun grupo de mulleres, que están cansas dos vicios e 
desigualdades entre mulleres e homes, ricos e pobres etc...
Estas mulleres queren gobernar e levar a xente cunha vida igual a de
todos.Como non as deixaban presentarse a asamblea un día decidiron
vestirse como homes e expresar os seus ideais na Asemblea, para facelo 
quitaron os traxes aos seus esposos que eran da asemblea e así presentar 
as súas opinións para gobernar na asemblea.
Para levar a cabo o plan quedaron todas a maña da asemblea para vestirse e
preparar o seu discurso.
Cando chegaron á asemblea dixeron o seu discurso e conseguiron tomar o 
control do pobo.
Bélpiro marido de  Praxágora cando esta chegou a casa lle preguntou onde 
habia ido tan temprano e esta lle dixo que habiana chamado para un parto, 
engañandoo sen saber que o seu marido xa sabia que habían tomado o 
poder na asemblea.Ao final esta contalle o que pretendia facer como repartir
os bens e o diñeiro por igual,dar comida aoa probes,a total liberdade das 
mulleres,que un home se acoste con quen queira coa condición de acostarse
antes cunha fea etc..
Alguns homes coma Cremes no querian dar os seus bens pero o final 
tiverono que facer por medo o que farían as mulleres.
Praxágora celebra a sua victoria e o control do pobo bebendo, comendo e 
cantando.


Praxágora é unha muller ambiciosa do que desexa,da libertade,da 
igualdade etc.. e poñerá todas as suas forzas xunto cas demais mulleres para 
conseguilo.


A pasaxe que mais me gustou foi á da vella fea e a muller joven e 
fermosa, estas se peleaban porque a vella dicialle que por moi fermosa que 
fora a 
quen amara tiña que acostarse antes con ela,a joven respondeulle non 
paraban de discutir. A muller joven invitou a un home e nese momento saliu a 
vella dicindo que antes tiñase que acostar con ela estas volveron a discutir e 
o joven home pensaba se lle merecia a pena acostarse coa vella para logo 
acostarse coa outra muller ya que decia que lle daba noxo.Cando todavia non 
se decidira se merecia a pena chegou outra vella que queria acostarse con el 
tamén, formouse unha disputa entre o joven as vellas e a muller nova e ao 
final o home tivo que acostarse coas dúas vellas á vez. Fixome moita graza 
esta pasaxe xa que as vellas estaban ambiciosas de pasar un agradable rato 
con ese pobre home..


O desenlace que me inventei foi:

Despois da derrota de Praxágora,Cremes  convenceu a varios homes para 
levar a cabo una vinganza contra estas mulleres,en especial contra Praxágora 
xa que foi a responsable desta nova democracia. Cremes pensou  en matala 
na súa propia casa mentras o seu marido estaba fora un dia, este cavilou o 
seu plan para vingarse e pensou en algo mais seguro para que non pensaran 
que fora el, entón só necesitou a axuda dun dos homes cos que convencera 
para que lle dese unha especie de veneno. Cremes botou o veneno nunha 
larpeirada e lla levou a Praxágora como mostra da sua desculpa ao resistirse 
a dar os seus bens e non aceptar o novo goberno, ela sorprendida colleu a 
larpeirada  e entrou na súa casa. Praxágora non a comera cando un vecino 
seu, un neno, entrou na casa a pedirlle laurel para a sua nai, esta foi por el e 
o neno cando viu a larpeirada non poida resistirse a comela...
Unhas horas despois o pobre neno morrera,Praxágora descubriu 
rapidamente porque morrera e por suposto quen intentoi matala,Praxágora 
furiosa pola morte  de ese neno arremeteu contra el.
Cremes foi juzgado e condenado a morte.


A obra gustoume moito, foi un pouquiño difícil de entender pero é moi 
entretida e mostra unha rebelión das mulleres contra a desigualdade e o 
machismo, ainda así pareceume tamén unha democracia un  pouco excesiva.





viernes, 24 de mayo de 2013